Acción de protesta e denuncia ante as últimas medidas do goberno español
contra o colectivo de inmigrantes. "Agora o Ministerio de Sanidade
pretende que os inmigrantes suscriban unha póliza coa sanidade pública,
cun custe superior a 700 euros anuais, para ter dereito á asistencia"
di Pablo Vaamonde no seu artigo: Que se vaian!!
O colectivo 'Sen Papeis Ferrol', fixo un chamamento na pasada Asemblea
Plenaria do Encontro Social de Ferrol Terra, celebrada o Luns 13 de Agosto, a todas as persoas e entidades que integran o mesmo para
participar nesta Acción de Protesta e Denuncia contra estas medidas
inxustas que, ademais de causar un grande prexuízo contra moitas persoas que
conviven con nós, fomentan a xenofobia e a exclusión.
Diante do Pazo Municipal na Praza do Concello de Ferrol, o 31 de Agosto de 2012, de 11:00 a 13:00 horas.
PARTICIPA !!
||||||||||||||||||||||||||||||||
Nenhum comentário:
Postar um comentário