terça-feira, 26 de junho de 2012

O vindeiro 7 de Xullo terá lugar a Asemblea Anual REAS Galiza (Rede de Redes de Economía Alternativa e Solidaria) en San Sadurniño

A Cooperativa Arméria está organizando a vindeira Asemblea Anual de REAS-Galiza que terá lugar o Sábado 7 de Xullo de 2012, na Casa da Cultura do Concello de San Sadurniño. A Asemblea propiamente dita terá lugar pola tarde. Pola mañá estará dedicada a dous temas de moita importancia para o traballo que estamos realizando na nosa Comarca na Rede de Apoio Mutuo. Trata-se dos segurosa éticos e por outra banda, da experiencia de entidades que se dedican á redución, reutilización e reciclaxe de residuos cun obxectivo de transformación social e de promoción da inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social. Polo seu interese decideu-se dar a maior publicidade posíbel a este evento. Despois, o mesmo día, poderemos disfrutar na mesma zona do Festival do Río Castro que se celebrará na parroquia de Naraío no mesmo concello de San Sadurniño, ao cal quen quixer pode-se desprazar a xantar até alí que só está a uns oito quilómetros de distancia da Casa da Cultura. Quen quixer xantar na Casa da Cultura, ten que no tífica-lo na inscrición.

1ª Festa Intercultural en Ferrol organizada pola Asamblea Sen Papeis - 30 de Xuño de 2012

1ª Festa Intercultural en Ferrol organizada pola Asamblea Sen Papeis

Sábado, 30 de Xuño de 2012

Entre as 12:00 até 19:00 horas.
  
Traseira do Mercado de Caranza (Festa) e Local de Fuco Buxán (Mesa redonda)
  
A Asamblea Sen Papeis organiza unha xornada intercultural en torno á inmigración e convídavos a participar.

Esta xornada terá dos partes diferenciadas. A primeira parte será un espazo onde persoas compartirán os seus puntos de vistas en torno á inmigración e a segunda parte será máis lúdico-festiva e de convivencia. Farase un xantar comunitario (de balde) e concertos de persoas solidarias e comprometidas.

Cronograma:

30 de Xuño

12:00 a 14.00 horas:
Mesa redonda no local da Asociación Fuco Buxán na Rúa Armada Española nº32, Baixo. FERROL

    Participan:

    - Dúas testemuñas onde se conta a vivencia persoal dende que decidan emigrar do seu país, cara a un mundo desconoñecido para mellora-las súas condicións de vida, ate que chegan ao "Edén imaxinario".
    - Laura Bugallo. Recoñecida activista en Inmigración.
    - Carlos Varela. Asociación Lazos Pro Solidariedade.
    - María Teresa Bustamante (Abogada).


De 14.30 a 16.00 horas:
Xantar comunitario (de balde). O xantar é organizado e autoxestionado pola Asamblea Sen Papeis

De 16.00 a 19.00 horas:
Concerto no que actúan: Manolo Bacallao, Luis Culshaw, Bitxo Bola e outr@s artistas.

Agardamos por ti !



||||||||||||||||||