terça-feira, 26 de junho de 2012

O vindeiro 7 de Xullo terá lugar a Asemblea Anual REAS Galiza (Rede de Redes de Economía Alternativa e Solidaria) en San Sadurniño

A Cooperativa Arméria está organizando a vindeira Asemblea Anual de REAS-Galiza que terá lugar o Sábado 7 de Xullo de 2012, na Casa da Cultura do Concello de San Sadurniño. A Asemblea propiamente dita terá lugar pola tarde. Pola mañá estará dedicada a dous temas de moita importancia para o traballo que estamos realizando na nosa Comarca na Rede de Apoio Mutuo. Trata-se dos segurosa éticos e por outra banda, da experiencia de entidades que se dedican á redución, reutilización e reciclaxe de residuos cun obxectivo de transformación social e de promoción da inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social. Polo seu interese decideu-se dar a maior publicidade posíbel a este evento. Despois, o mesmo día, poderemos disfrutar na mesma zona do Festival do Río Castro que se celebrará na parroquia de Naraío no mesmo concello de San Sadurniño, ao cal quen quixer pode-se desprazar a xantar até alí que só está a uns oito quilómetros de distancia da Casa da Cultura. Quen quixer xantar na Casa da Cultura, ten que no tífica-lo na inscrición.


PARA INSCRIBIR-SE: [ENTRAR]


Asemblea Anual REAS Galiza
(Rede de Redes de Economía Alternativa e Solidaria)

Data: 7 de Xullo de 2012 (Sábado)

Lugar: Casa da Cultura de San Sadurniño

PROGRAMA

10:00 Acollemento.

10:30 Cooperativa ARÇ Servizos Integrais de Seguros e Consumo Responsable.
[http://www.arccoop.coop/index.php/gl/home] | Videoconferencia de Jordi Via.

12:00 Pausa

12:30 Exposición da experiencia da plataforma, a nivel estatal, de entidades que se dedican á redución, reutilización e reciclaxe de residuos cun obxectivo de transformación social e de promoción da inserción sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social - “AERESS”
[http://www.aeress.org/]

14:00 Xantar.

16:00 Asemblea.

18:00 Clausura.


Xantar

O xantar realizarase nas mesmas instalacións da Casa da Cultura. Ofertaranse tres menús, incluíndo menú vexetariano e vegano. É importante informar antes do 1 de xullo do número de persoas que van anotarse no xantar e o menú que prefiren. O prezo vai ser moi asequibel, pero non se fixará ata que saibamos o nº de persoas que se van anotar. Comunicaĺo no enderezo forosocialdeferrolterra@gmail.com

Festival do Rio Castro

A 8km da Casa da Cultura, na parroquia de Narahio, celebrase o Festival do Río Castro que pode ser unha boa alternativa para rematar a xornada.


Como Chegar?

http://goo.gl/maps/RwVU


No seguinte enlace pódese consultar os horarios de tren de Ferrol a San Sadurniño, prezo 1,70 billete, 3,25 ida e volta.

http://www.feve.es/es/tratarAplicacionHorario.do2


Mapa za Zona.-





Exibir mapa ampliado


||||||||||||||||||||

Nenhum comentário:

Postar um comentário