quinta-feira, 5 de abril de 2012

O BBVA Destrúe Postos de Traballo - Solidariedade cos traballadores do "Café-Bar O Carballo" de Caranza



O BBVA DESTRÚE POSTOS DE TRABALLO

NOVO DESAFIUZAMENTO, NOVO ABUSO, NOVA REPRESALIA

O BBVA decidiu  desafiuzar aos  traballadores do Café Bar O CARBALLO, pese a establecer  un acordo verbal con eles, polo que se lles adxudicaba o local  por un importe establecido. Agora vólvense atrás e pretenden quedarse co  establecemento, no que traballan catro persoas.

Tras manter conversacións con directivos da entidade  bancaria (BBVA), estes indícanlle a un dos empregados, Pedro Bastida,  que solicite un crédito.  Despois de hipotecar a súa vivenda consegue os recursos necesarios para liberar o local. En lugar de recibir a adxudicación, recibe a notificación do xulgado onde lle anuncian que o Café Bar O CARBALLO, ten que ser desaloxado antes do  mércores, 11 de abril.

Por qué actua así a entidade bancaria?, Por qué se ignora o anuncio do goberno no  que se plantexa a necesidade dun código de boas prácticas bancarias?, Qué prácticas?

O anterior propietario era Bernardo Bastida Sixto, o expatrón maior da confraría de pescadores de Ferrol. Moitas son as persoas que, especialmente o colectivo de  mariscadores,  saben do seu esforzo por defender, recupera-la ría e  por integrar a un gran número de mozos e mozas á vida social, en Ferrol Terra. Contra Bastida, desenvolveuse unha campaña de desprestixio co obxectivo de decapitar  a Confraría e aos traballadores do mar. Incluso se lle  someteu  a xuízo xunto a  outros compañeiros.

A  persecución á que foi sometido Bastida,  queda de manifesto cando, tras varios anos acusado de apropiación  de fondos,  agora  sabemos, por decisión do fiscal  e do xuíz, que se arquivan aquelas actuacións ¡É inocente daquela acusación!
Unha decisión política na que participaron a Xunta de Galicia e Reganosa, para perseguir a Bastida ate a  extenuación. A eles  se lles suma agora o BBVA, pretendendo que caia sobre a súa familia o peso da súa revancha. Non lles importa que se destrúan catro postos de traballo e catro familias queden sen o seu sustento de vida, nunha Comarca onde 1 de cada 5 persoas en condicións de traballar non teñen onde facelo. É difícil de entender que non se admita pagar a quen o desexe, tendo medios para facelo.
  
Coa situación actual da Comarca,  que posúe un nivel tan alto de desemprego, non nos podemos permitir a desaparición de catro postos de traballo. Máis, tendo en conta que hai vontade de negociación e de pagamento da débeda.

Por esa razón, decidimos emprender unha campaña de solidariedade cos catro traballadores do  Café Bar O Carballo e denunciar esta represalia contra eles.
 
MARTES, 10 DE ABRIL, ÁS 12 Hrs.
Concentración diante da oficina central do BBVA
Praza do Callao (Ferrol)
¡¡ ACODE!!

Convoca: Comisión de apoio aos traballadores do Café-Bar “O Carballo”

||||||||||||||||||

segunda-feira, 2 de janeiro de 2012

Así foi o Acto de Solidariedade, o sábado 17 de Decembro de 2011, con Lazos Pro Solidariedade Comité Anti-Sida de Ferrol Terra, no véspera do Día de Acción Global contra o racismo e polos dereitos das persoas migrantes, refuxiadas e desprazadas - Galerías Fotográficas e Vídeos

Encadrado dentro da Acción Global contra o racismo e polos dereitos das persoas migrantes, refuxiadas e desprazadas, desenvolveu-se na nosa pequena e depauperada cidade, un acto de solidariedade con Lazos Prol Solidariedade Comité Anti-Sida de Ferrol Terra. Un acto festivo e reivindicativo que contou coa presencia, perante toda a mañá de moitas persoas. Poesía, música e petiscos acompañaron á acción reivindicativa. Palabras de solidariedade e compromiso coa causa da xustiza social e do apoio mutuo.



http://youtu.be/jt9X_UgGF9Q


http://youtu.be/G0euOWl9nB8


Galerías Fotográficas

Galería de Susete'70
Galería 1 presentación de diapositivos
Galería 2 fotos en alta resolución


Galería do Foro Galego de Inmigración e do Colectivo Ártabra 21

Galería 1 Presentación de diapositivos
Galería 2 Fotos en alata resolución


As asociacións A.C. Fuco Buxán, Asociación Veciñal de Esteiro, Ateneo Ferrolán, Colectivo Ártabra 21, Colectivo Opaii - Rádio Filispim, Foro Galego de Inmigración e o propio Comité AntiSida de Ferrol Terra - Lazos Pro Solidariedade realizamos un acto de solidariedade con esta última organización que desenvolve a súa actividade na nosa Comarca.

Lazos é unha asociación sen ánimo de lucro, de persoas afectadas polo VIH, fundada en novembro de 1995 en Ferrol, que ven denunciando que os recortes nas prestacións sanitarias están afectando a sectores desfavorecidos da nosa comarca, entre eles o colectivo de inmigrantes.

Denuncian ademais que, no caso das persoas afectadas polo VIH, que se encontran en situación máis vulnerable, estase a detectar unha falta de cobertura sanitaria básica, repercutindo directamente na súa calidade de vida, na súa precaria economía e favorecendo a exclusión social, por motivos de saúde.

Na nosa comarca acollen cada ano un pequeno número de persoas inmigrantes. Entre elas, moitas orixinarias de Senegal. Un 17% da poboación senegalesa padece hepatite. O comité Lazos, leva nos últimos anos enfrontando desde a solidariedade e a axuda mutua, as dificultades que todas estas persoas que se achegan a nosa comarca, encontran para sobrevivir.

É por iso polo que realizamos o acto de solidariedade co citado colectivo, agora, cando sopran ventos desfavorábeis para os dereitos, o respecto e as liberdades, é cando máis o necesitan.

O acto tivo lugar a véspera do Día Internacional das Persoas Inmigrantes, un acto lúdico e reivindicativo onde dimos a coñecer todas estas realidades e unir vontades para resolvelas.

* * *

Agradecemento Colectivo polo acto lúdico reivindicativo celebrado o pasado sábado 17, en solidariedade coa nosa Asociación

Benqueridos/as compañeiros/as,

En nome da nosa entidade, quero agradecervos a tódalas persoas, entidades e colectivos que participástedes no acto lúdico-reivindicativo do pasado sábado 17. Todas e todos fixéchedes posible o acto .

Non temos o correo electrónico de tódolos colectivos e persoas participantes polo que prego lle reenviedes este correo para facerlles chegar o noso agradecemento. Esperemos que este acto sirva como punto de partida para futuras colaboracións.

Moi agradecido, vos saúda

19 de dezembro de 201

Carlos Varela
Presidente de Lazos Pro Solidariedade Comité antisida de Ferrol


LAZOS pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrol Asociación de afectados/as polo VIH e as drogas Vogal territorial de Galicia en CESIDA.
Dirección web: http://comitelazos.blogspot.com
Dirección sede: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo
15401 Ferrol ( A Coruña )
Tfno./Fax 981350777
Tfno. Móvil :698147975

Fonte: Canle de Ártabra 21

Consello Local do Foro Social de Ferrol Terra

____________________

segunda-feira, 12 de dezembro de 2011

Comunicado de Prensa Mundial co motivo do "December 18 Global Day of Action"

18 DE DECEMBRO DE 2011, DÍA DE ACCIÓN GLOBAL CONTRA O RACISMO, POLOS DEREITOS D@S MIGRANTES, @S REFUXIADOS E @S DESPRAZAD@S.

O 18 de decembro de 1990 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Convención internacional sobre a protección dos dereitos de todas as traballadoras e os traballadores migratorios e dos seus familiares. Dez anos despois a ONU declarou o 18 de decembro como Día Internacional do Migrante. Esta Convención salienta que non se violen nin violenten os dereitos das traballadoras e traballadores migrantes sexa cal for o seu status migratorio no país onde residan. Cabe destacar que ao ano 2011 unha gran cantidade de países non ratificou aínda a Convención, entre eles os países da Unión Europea, os Estados Unidos e Canadá.

Datos das Nacións Unidas indican que 175 millóns de persoas son inmigrantes no mundo. A pesar das súas contribucións aos novos países que adoptan como fogar son, moitas veces, maltratados, victimizados, discriminados e explotados laboralmente.

Por esta razón moitos activistas chegaron á conclusión que é imperativa unha resposta unitaria e global dos inmigrantes do mundo e os que defenden os seus dereitos, porque globais son as políticas de persecución aplicadas por Estados e gobernos.

O Foro Social Mundial da Migracións do ano 2010 levantou un chamado para un Día de Acción Global Contra o Racismo e polos Dereitos dos Migrantes, Refuxiados e Desprazados para o día 18 de Decembro de 2011. Este chamado foi ratificado, no 2011 no Foro Social Mundial no que se reafirmou a liberdade de circulación e o dereito de elixir onde establecerse, o peche dos centros de internamento de estranxeiros e a cancelación de todos os acordos e programas que violan os dereitos humanos nas fronteiras.

Activistas de varios países responderon ao chamado e ata este momento realizaranse accións en Arxentina, Bélxica, Brasil, Camerún, Canadá, España, El Salvador, Francia, Galiza, Guatemala, Italia, México, Niger, Perú, Suíza, Estados Unidos e Uruguai.

Este traballo uniuse ao esforzo da Carta Mundial dos Migrantes, aprobada en Gorée (Senegal) en febreiro de 2011. Nesta carta sublíñase o rol fundamental que poden xogar os migrantes como actores sociais e politicos para a construción dunha ciudadania universal.

Para maior información sobre as iniciativas que se desenvolverán no mundo poden visitar a páxina web www.globalmigrantsaction.org. Nesta páxina atoparán os contactos locais das organizaziones que están participando desta histórica campaña por globalizar a defensa dos dereitos dos traballadores migrantes, refuxiados e desprazados e para eliminar o racismo.







Contacto: info@globalmigrantsaction.org

Actividades que se van desenvolver en diferentes lugares do Planeta incluido Galiza:

http://www.globalmigrantsaction.org/index.php?mysection=Dec.%2018%20Activities

|||||||||||||||||||||||

Enlaces relacionados:
|||||||||||||||||||||||

domingo, 11 de dezembro de 2011

Acto de Solidariedade, o sábado 17 de Decembro, con Lazos Pro Solidariedade Comité Anti Sida de Ferrol Terra, no véspera do Día de Acción Global contra o racismo e polos dereitos das persoas migrantes, refuxiadas e desprazadas


As asociacións abaixo asinantes CONVOCAN un acto de solidariedade co Comité Antisida de Ferrol LAZOS PRO SOLIDARIEDADE. Esta asociación sen ánimo de lucro, de persoas afectadas polo VIH, fundada en novembro de 1995 en Ferrol, ven denunciando que os recortes nas prestacións sanitarias están afectando a sectores desfavorecidos da nosa comarca, entre eles o colectivo de inmigrantes.

Denuncian ademais que, no caso das persoas afectadas polo VIH, que se encontran en situación máis vulnerable, estase a detectar unha falta de cobertura sanitaria básica, repercutindo directamente na súa calidade de vida, na súa precaria economía e favorecendo a exclusión social, por motivos de saúde.

Na nosa comarca acollemos cada ano un pequeno número de persoas inmigrantes. Entre elas, moitas orixinarias de Senegal. Un 17% da poboación senegalesa padece hepatite. O comité Lazos, leva nos últimos anos enfrontando desde a solidariedade e a axuda mutua, as dificultades que todas estas persoas que se achegan a nosa comarca, encontran para sobrevivir. Agora, cando sopran ventos desfavorábeis para os dereitos, o respecto e as liberdades, precisan do noso apoio. Para mostrarllo, celebraremos, no véspera do Día Internacional das Persoas Inmigrantes, un acto lúdico e reivindicativo onde dar a coñecer todas estas realidades e unir vontades para resolvelas. Agardamos todas as mans, todas as vontades, todos os apoios.

A.C. Fuco Buxán | Asociación Veciñal de Esteiro | Ateneo Ferrolán |
Colectivo Ártabra 21 | Colectivo Opaii - Rádio Filispim | Foro Galego de Inmigración | Comité AntiSida de Ferrol Terra - Lazos Pro Solidariedade

[Aberto a calquer asociación que queira apoiar e participar.
Comunicar a: comiteantisidaferrol@gmail.com]


Día 17 de Decembro de 2011, Sábado,
desde as 11hs até as 17hs (aproximadamente),Traseira do Mercado de Caranza, rúa Cuco Ruíz de Cortázar s/n
música, poesía, petiscos, callos solidarios...
Intervención de Xosé Carlos Varela Fernández,
presidente de LAZOS pro Solidariedade - Comité anti-sida de Ferrol
Micrófono Aberto
Programa en directo de Rádio Filispim.


Par difundir a Propaganda do Acto:
acceder e baixar

comiteantisidaferrol@gmail.com
http://comitelazos.blogspot.com/

|||||||||||||||||||||||||||||||||

Enlace relacionado:

Foro Social de Ferrol Terra - Consello Local: Día de Acción Global contra o racismo e polos dereitos d@s migrantes, refuxiad@s e desprazad@s - 18 de Decembo de 2011

|||||||||||||||||||||||||||||||||

terça-feira, 6 de dezembro de 2011

Día de Acción Global contra o racismo e polos dereitos d@s migrantes, refuxiad@s e desprazad@s - 18 de Decembo de 2011

18 de Decembo - Día de Acción Global contra o racismo e polos dereitos d@s migrantes, refuxiad@s e desprazad@s.

Durante o Foro Social Mundial de Dakar (2011) ratificouse a ideia lanzada en Quito durante o Foro Mundial das migracións (2010) de realizar unha xornada de acción global o 18 de decembro de 2011 contra o racismo e polos dereitos de l@s migrantes, refuxiades e desprazades.

Moitas organizacións de diferentes países xa a están construíndo. Cada país, rexión ou cidade está decidindo autonomamente a iniciativa que realizará: unha manifestación para esixir a regularización dos millóns de indocumentados que poboan o mundo, un acto para recordar a @s migrantes asasinados nas fronteiras ou por defender os seus dereitos, unha conferencia sobre a liberdade de circulación, unha festa antirracista.

Sabemos que é difícil realizar unha iniciativa a nivel mundial pero, máis que nunca, estamos convencidos que a situación actual requíreo. Os Estados, as potencias económicas e as estruturas políticas, alleas á vida cotiá das mulleres e dos homes imponnos arbitrariamente as súas propias decisións coa forza da violencia. É o caso dos programas de desprazamento, deportación e "deslocalización humana"; das dificultades que teñen que enfrontar os traballadores, as traballadoras e as súas familias durante o camiño migratorio e os infinitos obstáculos contra o dereito de decidir o país no cal emigrar.

Eles son internacionais, o noso movemento ten que selo cada vez máis.

É por iso que aquilo que unirá todas e cada unha destas actividades será a vontade de reafirmar o dereito de migrar, o dereito de establecerse no lugar que se elixa e o dereito de non ser desprazado forzadamente do propio territorio.

Este soño pode volverse realidade soamente se seremos muit@s e se o realizaremos xunt@s. A xornada do 18 quere ser un espazo a disposición de todas aquelas organizacións e redes que cotidianamente loitan polos dereitos de @s migrantes, refuxiades e desprazades.

Por iso, invitamos a todas as agrupacións e asociacións laicas e relixiosas, aos sindicatos e grupos políticos, á sociedade civil en xeral a construír xunt@s esta iniciativa.

Porque un movemento de loita mundial dos migrantes, refuxiad@s e desprazad@s é posible!

E a proxima cita é o 18 de Decembro de 2011.

Se queres contactarnos escribe a: info@globalmigrantsaction.org

Web Oficial da Acción Global:
http://globalmigrantsaction.org/

Web Oficial do Foro Social Mundial:
http://www.forumsocialmundial.org.br/

Web Oficial do Foro Social Galego:
http://forosocialgalego.org/

Blogue Ofical do Foro Social de Ferrol Terra:
http://forosocialdeferrolterra.blogspot.com/

Documentos de Moito interese:

|||||||||||||||||||||||

Enlace relacionado:

Foro Social de Ferrol Terra - Consello Local: Día de Acción Global contra o racismo e polos dereitos d@s migrantes, refuxiad@s e desprazad@s - 18 de Decembo de 2011

|||||||||||||||||||||||