segunda-feira, 12 de dezembro de 2011

Comunicado de Prensa Mundial co motivo do "December 18 Global Day of Action"

18 DE DECEMBRO DE 2011, DÍA DE ACCIÓN GLOBAL CONTRA O RACISMO, POLOS DEREITOS D@S MIGRANTES, @S REFUXIADOS E @S DESPRAZAD@S.

O 18 de decembro de 1990 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Convención internacional sobre a protección dos dereitos de todas as traballadoras e os traballadores migratorios e dos seus familiares. Dez anos despois a ONU declarou o 18 de decembro como Día Internacional do Migrante. Esta Convención salienta que non se violen nin violenten os dereitos das traballadoras e traballadores migrantes sexa cal for o seu status migratorio no país onde residan. Cabe destacar que ao ano 2011 unha gran cantidade de países non ratificou aínda a Convención, entre eles os países da Unión Europea, os Estados Unidos e Canadá.

Datos das Nacións Unidas indican que 175 millóns de persoas son inmigrantes no mundo. A pesar das súas contribucións aos novos países que adoptan como fogar son, moitas veces, maltratados, victimizados, discriminados e explotados laboralmente.

Por esta razón moitos activistas chegaron á conclusión que é imperativa unha resposta unitaria e global dos inmigrantes do mundo e os que defenden os seus dereitos, porque globais son as políticas de persecución aplicadas por Estados e gobernos.

O Foro Social Mundial da Migracións do ano 2010 levantou un chamado para un Día de Acción Global Contra o Racismo e polos Dereitos dos Migrantes, Refuxiados e Desprazados para o día 18 de Decembro de 2011. Este chamado foi ratificado, no 2011 no Foro Social Mundial no que se reafirmou a liberdade de circulación e o dereito de elixir onde establecerse, o peche dos centros de internamento de estranxeiros e a cancelación de todos os acordos e programas que violan os dereitos humanos nas fronteiras.

Activistas de varios países responderon ao chamado e ata este momento realizaranse accións en Arxentina, Bélxica, Brasil, Camerún, Canadá, España, El Salvador, Francia, Galiza, Guatemala, Italia, México, Niger, Perú, Suíza, Estados Unidos e Uruguai.

Este traballo uniuse ao esforzo da Carta Mundial dos Migrantes, aprobada en Gorée (Senegal) en febreiro de 2011. Nesta carta sublíñase o rol fundamental que poden xogar os migrantes como actores sociais e politicos para a construción dunha ciudadania universal.

Para maior información sobre as iniciativas que se desenvolverán no mundo poden visitar a páxina web www.globalmigrantsaction.org. Nesta páxina atoparán os contactos locais das organizaziones que están participando desta histórica campaña por globalizar a defensa dos dereitos dos traballadores migrantes, refuxiados e desprazados e para eliminar o racismo.







Contacto: info@globalmigrantsaction.org

Actividades que se van desenvolver en diferentes lugares do Planeta incluido Galiza:

http://www.globalmigrantsaction.org/index.php?mysection=Dec.%2018%20Activities

|||||||||||||||||||||||

Enlaces relacionados:
|||||||||||||||||||||||

Nenhum comentário:

Postar um comentário