domingo, 11 de dezembro de 2011

Acto de Solidariedade, o sábado 17 de Decembro, con Lazos Pro Solidariedade Comité Anti Sida de Ferrol Terra, no véspera do Día de Acción Global contra o racismo e polos dereitos das persoas migrantes, refuxiadas e desprazadas


As asociacións abaixo asinantes CONVOCAN un acto de solidariedade co Comité Antisida de Ferrol LAZOS PRO SOLIDARIEDADE. Esta asociación sen ánimo de lucro, de persoas afectadas polo VIH, fundada en novembro de 1995 en Ferrol, ven denunciando que os recortes nas prestacións sanitarias están afectando a sectores desfavorecidos da nosa comarca, entre eles o colectivo de inmigrantes.

Denuncian ademais que, no caso das persoas afectadas polo VIH, que se encontran en situación máis vulnerable, estase a detectar unha falta de cobertura sanitaria básica, repercutindo directamente na súa calidade de vida, na súa precaria economía e favorecendo a exclusión social, por motivos de saúde.

Na nosa comarca acollemos cada ano un pequeno número de persoas inmigrantes. Entre elas, moitas orixinarias de Senegal. Un 17% da poboación senegalesa padece hepatite. O comité Lazos, leva nos últimos anos enfrontando desde a solidariedade e a axuda mutua, as dificultades que todas estas persoas que se achegan a nosa comarca, encontran para sobrevivir. Agora, cando sopran ventos desfavorábeis para os dereitos, o respecto e as liberdades, precisan do noso apoio. Para mostrarllo, celebraremos, no véspera do Día Internacional das Persoas Inmigrantes, un acto lúdico e reivindicativo onde dar a coñecer todas estas realidades e unir vontades para resolvelas. Agardamos todas as mans, todas as vontades, todos os apoios.

A.C. Fuco Buxán | Asociación Veciñal de Esteiro | Ateneo Ferrolán |
Colectivo Ártabra 21 | Colectivo Opaii - Rádio Filispim | Foro Galego de Inmigración | Comité AntiSida de Ferrol Terra - Lazos Pro Solidariedade

[Aberto a calquer asociación que queira apoiar e participar.
Comunicar a: comiteantisidaferrol@gmail.com]


Día 17 de Decembro de 2011, Sábado,
desde as 11hs até as 17hs (aproximadamente),Traseira do Mercado de Caranza, rúa Cuco Ruíz de Cortázar s/n
música, poesía, petiscos, callos solidarios...
Intervención de Xosé Carlos Varela Fernández,
presidente de LAZOS pro Solidariedade - Comité anti-sida de Ferrol
Micrófono Aberto
Programa en directo de Rádio Filispim.


Par difundir a Propaganda do Acto:
acceder e baixar

comiteantisidaferrol@gmail.com
http://comitelazos.blogspot.com/

|||||||||||||||||||||||||||||||||

Enlace relacionado:

Foro Social de Ferrol Terra - Consello Local: Día de Acción Global contra o racismo e polos dereitos d@s migrantes, refuxiad@s e desprazad@s - 18 de Decembo de 2011

|||||||||||||||||||||||||||||||||

Nenhum comentário:

Postar um comentário