http://youtu.be/jt9X_UgGF9Q
http://youtu.be/G0euOWl9nB8
Galerías Fotográficas
Galería de Susete'70
Galería 1 presentación de diapositivosGalería 2 fotos en alta resolución
Galería do Foro Galego de Inmigración e do Colectivo Ártabra 21
Galería 1 Presentación de diapositivosGalería 2 Fotos en alata resolución
As asociacións A.C. Fuco Buxán, Asociación Veciñal de Esteiro, Ateneo Ferrolán, Colectivo Ártabra 21, Colectivo Opaii - Rádio Filispim, Foro Galego de Inmigración e o propio Comité AntiSida de Ferrol Terra - Lazos Pro Solidariedade realizamos un acto de solidariedade con esta última organización que desenvolve a súa actividade na nosa Comarca.
Lazos é unha asociación sen ánimo de lucro, de persoas afectadas polo VIH, fundada en novembro de 1995 en Ferrol, que ven denunciando que os recortes nas prestacións sanitarias están afectando a sectores desfavorecidos da nosa comarca, entre eles o colectivo de inmigrantes.
Denuncian ademais que, no caso das persoas afectadas polo VIH, que se encontran en situación máis vulnerable, estase a detectar unha falta de cobertura sanitaria básica, repercutindo directamente na súa calidade de vida, na súa precaria economía e favorecendo a exclusión social, por motivos de saúde.
Na nosa comarca acollen cada ano un pequeno número de persoas inmigrantes. Entre elas, moitas orixinarias de Senegal. Un 17% da poboación senegalesa padece hepatite. O comité Lazos, leva nos últimos anos enfrontando desde a solidariedade e a axuda mutua, as dificultades que todas estas persoas que se achegan a nosa comarca, encontran para sobrevivir.
É por iso polo que realizamos o acto de solidariedade co citado colectivo, agora, cando sopran ventos desfavorábeis para os dereitos, o respecto e as liberdades, é cando máis o necesitan.
O acto tivo lugar a véspera do Día Internacional das Persoas Inmigrantes, un acto lúdico e reivindicativo onde dimos a coñecer todas estas realidades e unir vontades para resolvelas.
* * *
Agradecemento Colectivo polo acto lúdico reivindicativo celebrado o pasado sábado 17, en solidariedade coa nosa Asociación
Benqueridos/as compañeiros/as,
En nome da nosa entidade, quero agradecervos a tódalas persoas, entidades e colectivos que participástedes no acto lúdico-reivindicativo do pasado sábado 17. Todas e todos fixéchedes posible o acto .
Non temos o correo electrónico de tódolos colectivos e persoas participantes polo que prego lle reenviedes este correo para facerlles chegar o noso agradecemento. Esperemos que este acto sirva como punto de partida para futuras colaboracións.
Moi agradecido, vos saúda
19 de dezembro de 201
Carlos Varela
Presidente de Lazos Pro Solidariedade Comité antisida de Ferrol
LAZOS pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrol Asociación de afectados/as polo VIH e as drogas Vogal territorial de Galicia en CESIDA.
Dirección web: http://comitelazos.blogspot.com
Dirección sede: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo
15401 Ferrol ( A Coruña )
Tfno./Fax 981350777
Tfno. Móvil :698147975
Fonte: Canle de Ártabra 21
Consello Local do Foro Social de Ferrol Terra
____________________
Nenhum comentário:
Postar um comentário